“Dígolle varias veces que está radiante. E ela mírase de arriba abaixo, alisa a súa blusa e mesa o seu cabelo, impecablemente peiteado e branco. Coqueta e encantadora. Facendo soar a súa pulseira. Anímame confirmar que parece despexada e activa. Porque hoxe, imos iniciar xuntas unha nova terapia. Sesión de reminiscencia, chámase.

[…] E é que os recordos están aí, só necesitan ser pulsados como as teclas dun piano para que a memoria reproduza as súas notas. Melodía de recordos no pentagrama da mente”.

Este é un extracto deste precioso relato que fala de recordos, sentimentos e o agarimo dunha filla que non se resigna a deixar que a súa nai perda o fío que a conectou co seu pasado. Unha lectura emocionante!

Lee o relato ‘A filmoteca dos recordos perdidos’

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

6 + 3 =