imagen la vida es una sucesion de instantes.
Juan Carlos Rodríguez, impartiu unha charla o pasado venres, 8 de maio, no Club Faro de Vigo, á que asistiu unha gran cantidade de público moi interesado en saber un pouco máis sobre as demencias neurodexenerativas e a situación na que se encontran os seus coidadores e familiares

imagen charla en el Club Faro

O presidente de Afaga explicou que “a realidade do Alzheimer en Galicia ten tres claves poboacionais que a fan especialmente singular e problemática: as taxas máis altas de envellecemento de Europa, a dispersión da poboación e polo tanto a maior dificultade da atención “in situ” e, a terceira, que os recursos económicos de Galicia son máis baixos que a media de España”.

Juan Carlos Rodríguez sinalou que o 10% das persoas maiores de 65 anos teñen unha demencia e o 70% deles padecen Alzheimer, e o que é peor, calcúlase, que a metade están sen diagnosticar. Dado o maior envellecemento da sociedade o futuro do Alzheimer faise inquietante, resaltou Rodríguez, e por iso necesitamos políticas que permitan retardar o proceso de deterioración, facer campañas para o diagnóstico temperán e que, dende ese momento, as familias teñan clara información das fases da enfermidade.
“É tal a magnitude do problema que ou se tomen medidas para afrontalo ou vanse colapsar os recursos sanitarios e sociais”, afirmou.

imagen charla en el Club Faro

Respecto ás familias coidadoras, resaltou que é fundamental que se lles recoñeza o seu traballo e se lles apoie, e que a comunidade se comprometa con esta enfermidade.”Nos últimos anos avanzouse no coñecemento do Alzheimer e a sensibilización social e política ante este, pero é só o inicio no cambio, queda moito por andar”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

23 + = 30