Que é AFAGA
A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA) é unha entidade sen ánimo de lucro que foi creada para levar a cabo unha serie de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida dos enfermos/as de Alzheimer ou outras demencias e dos seus familiares, así como para ofrecer información, asesoramento e orientación a tódalas persoas que así o demanden.
Misión, Visión e Valores
Misión
“A defensa dos dereitos das persoas con Alzheimer ou outra demencia neurodexenerativa e dos seus familiares, prestando servizos especializados e de prevención, así como desenvolvendo actividades de sensibilización social”
*Entendendo que a sensibilización abarca a formación, a investigación, as charlas, etcetera. Dentro de prevención incluiremos a atención de persoas sen Alzheimer.
Visión
“Ser unha entidade profesional e independente que pretende ser un referente autonómico pola súa especialización, innovación e investigación”
Principios e Valores
Os principios e valores de AFAGA son os que a continuación se enumeran:
- Independencia
- Eficiencia
- Transparencia
- Solidariedade
- Xustiza social
- Respecto á dignidade
- Responsabilidade social
- Equidade social