En AFAGA damos moita importancia á formación e en especial a aquela dirixida a persoas coidadoras e familiares de enfermos de Alzheimer ou outra demencia. Para estas persoas organizamos cada ano varios cursos co obxectivo de dotalos de coñecementos teóricos e prácticos que facilitarán o coidado do paciente e o seu propio coidado.

Coa formación adecuada, a experiencia do coidado pode ser moito máis fácil de afrontar.

Afaga_Actividades sociocomunitarias para familias_2023

 

Este ano, as formacións comezan este mércores 8 de febreiro coa charla ‘Que sabes sobre as demencias?: Alzheimer e outras demencias: máis aló da memoria’, que incidirá nos síntomas destas enfermidades e como podemos convivir con eles. Será impartida por Gonzalo Soliño, psicólogo sanitario, na sede de AFAGA, na rúa Martínez Garrido 21, interior, en Vigo. O prezo é de 5€ para socios e 10€ para non socios.

AFAGA_Charla Que sabes sobre as demencias_2023

 

Podes inscribirche no teléfono 986 22 97 97 (Extensión 4) ou neste formulario:

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    + 69 = 73