O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, entregou o presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, as chaves dun local na planta baixa da antiga Escola de Chas, en Randufe.
Neste espazo, a asociación desenvolverá talleres de estimulación cognitiva e funcional dirixidos a enfermos leves e moderados, ademais doutras actividades dirixidas á mellora da calidade de vida das persoas enfermas e as súas familias.
Afaga poderá facer uso da planta baixa, de 110 metros cadrados de superficie útil.
No acto de entrega das chaves estiveron presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, e o presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, apuntou que “hoxe é un día especial porque se materializa un feito no que levaban tempo traballando”. Sinalou que o edificio, que foi escola, se converterá nun fogar tanto para enfermos de Alzheimer como para as súas familias. Finalmente, felicitou a Afaga, xa que os seus profesionais prestan un labor moi importante ao equipo de servizos sociais do Concello.