O Concello de Tui e a Asociación de Familiares de enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia, a Afaga, impulsarán un programa de actividades para persoas con deterioro cognitivo leve o moderado e para as súas familias.

IMG_2545

Os obradoiros desenvolveranse no Centro Comarcal de Atención ao Alzheimer Baixo Miño, situado na Antiga Escola de Chans, en Randufe. Alí impartiranse talleres de estimulación cognitiva e funcional dúas tardes á semana, durante tres horas cada día. Nos mesmos, traballaranse terapias funcionais e motrices, cognitivas e socializadoras, dirixidas a atrasar a etapa severa da enfermidade. Ademais, para a familia impartirase un servizo de información, orientación e asesoramento social.

Arestora hai 10 persoas inscritas nestes talleres e moitas en lista de espera. A intención é poder ampliar este servizo. O ingreso nos talleres realizarase a través da concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui. Unha vez completada a solicitude, realizarase unha valoración cognitiva e funcional que determinará a súa aptitude para os talleres.

Quenes desexen obter máis información, poden chamar o teléfono do Concello de Tui 986 60 36 25- Extensión 5 ou de Afaga 986 22 97 97.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

+ 56 = 64