Martin Codax I

O pasado venres, 4 de setembro, tivo lugar nas instalacións de Adegas Martín Códax, en Cambados, o acto de entrega das doazóns dos Xoves de Códax, correspondente aos beneficios obtidos da venda de entradas dos concertos celebrados no mes de agosto durante este ciclo de música.

Martin Codax II

No acto de entrega estiveron presentes, Maribel Prado, vicepresidente de Afaga, o presidente de Cáritas Arousa, Francisco Fernández, Hafdallah Menni, voceiro de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e Sor María Esther Seoane, da Cociña Económica de Santiago representantes, das outras entidades beneficiarias. Ademais, por parte de Adegas Martín Códax acudiron a este acto, José Martínez Chantada, presidente da adega e María Garrido, directora de Mercadotecnia, que recordaron que se doa o total dos beneficios obtidos pola venda de entradas e agradeceron o seu labor desinteresado ás diferentes asociacións.

Os Xoves de Códax

Trátase dun ciclo de concertos celebrado cada verán na terraza das Adegas Martín Códax, no que a música dalgúns dos artistas galegos mellor valorados se fusiona cos viños da adega. Esta iniciativa ten un fin solidario, xa que o importe do despacho se destina a diferentes asociacións sen ánimo de lucro do ámbito. As entradas adquírense a través da web de Adegas Martín Códax cun prezo de 5 euros.

Este ano foi a cuarta edición dos xoves de codax e novamente colgaron o cartel de aforamento completo en todos os concertos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

14 − = 13