A idade é unha das primeiras cousas que observamos noutras persoas. O edadismo xorde cando a idade utilízase para categorizar e dividir ás persoas por atributos que ocasionan dano, desvantaxe ou inxustiza, e menoscaban a solidariedade interxeracional.

O edadismo adopta diferentes formas ao longo do curso da vida. Por exemplo, un adolescente podería ser ridiculizado por iniciar un movemento político ou podería negarse un emprego tanto a persoas maiores como a mozas por causa da súa idade.

O edadismo prexudica a nosa saúde e benestar e constitúe un obstáculo importante para a formulación de políticas eficaces e a adopción de medidas relativas ao envellecemento saudable, tal como recoñeceron os Estados Membros da Organización Mundial da Saúde (OMS) na Estratexia e plan de acción mundiais sobre o envellecemento e a saúde, e mediante o Decenio do Envellecemento Saudable (2021-2030).

Conscientes diso, puxemos en marcha -xunto con Atendo e a Universidade de Vigo– a primeira Cátedra de Edadismo de Europa. Un espazo desde o que sensibilizar á poboación en xeral contra este tipo de discriminación.

Alégranos moito ver que este tema cada vez consegue máis atención por parte dos medios de comunicación. Entre todos conseguiremos que o edadismo desapareza.

Agradecemos a súa colaboración a La Voz de Galicia. Podedes ler o artigo completo aquí.

cátedra-edadismo-afaga-uvigo-en-la-voz-de-galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

98 − = 94