Unha evidencia da que se dispón a día de hoxe é que a fisioterapia xera beneficios e retarda a evolución dos síntomas e a limitación funcional das demencias, nas súas diferentes fases.
Isto tradúcese na mellora da calidade de vida das persoas con demencia e os seus familiares e/ou coidadores.
Por iso, nos casos de persoas con mobilidade reducida ou que teñen que estar na cama, o programa de fisioterapia a domicilio presta unha serie de atencións fisioterápicas ás persoas na súa casa, co fin de proporcionar condicións de vida saudable de carácter terapéutico, preventivo e de rehabilitación.