En Vigo o 8 de Xuño,
Esta mañá o Xerente da Área Sanitaria de Vigo visitou centros
- Na visita estivo o Subdirector de Humanización e Atención á Cidadanía.
O xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, e o Subdirector de Humanización e Atención á Cidadanía, José Antonio Fernández, visitaron primeiro o Centro Especializado Día-Alzheimer Vigo-Beiramar e despois o Centro de Atención Integral á Demencia de Vigo.
Así, aprenderon de primeira man o xeito de traballar dos profesionais de Afaga Alzheimer con persoas maiores.