RGPD - Cookies

Marín o 1 de xuño, 2021

Afaga e Afapo  comezan o “Centro de día terapéutico de Marín”

  • Ten 27 prazas para persoas maiores e un servizo de transporte a domicilio.

Por primeira vez dúas asociacións co mesmo obxectivo administran e xestionan o mesmo centro de día, no que participan a Asociación de Familiares e Pacientes con Alzheimer e outras Demencias de Galicia (Afaga) e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Pontevedra (Afapo). Dende o 1 de xuño comezou a funcionar o “Centro de Día Terapéutico de Marín”, co obxectivo de dar resposta á necesidade de intervención no concello de Marín e a súa área de influencia.

Afapo e o concello de Marín xestionan unha unidade de estimulación terapéutica na Finca de Briz con capacidade para 20 usuarios, polo que o novo “Centro de día terapéutico de Marín” ven a dar continuidade e o reforza o traballo que xa se estaba realizando.

O “Centro de día terapéutico de Marín” ofrece recursos de maior intensidade para traballar a autoestima, a estimulación e a autonomía. Axudar aos usuarios a desenvolver novos proxectos de realización persoal, a partir dun modelo de intervención individualizado.

Moi preparado para traballar con persoas maiores, o equipo multidisciplinar de profesionais do “Centro de día Terapéutico Marín” está formado por educadores sociais, traballadores sociais, psicólogos, fisioterapeutas e auxiliares de enfermaría. As amplas instalacións, con capacidade para 27 prazas, abren de 9 da mañá a 8 da tarde, con servizo de transporte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

19 − 14 =