higiene-postural

A Escola de Costas é un programa de atención sanitaria na que se ensinan habilidades que protexen as costas, vai dirixido a persoas con patoloxía e sen patoloxía e a aqueles colectivos que teñen predisposición a padecela. O coidador debido ás funcións que desenvolve día a día é un deles.

É impartida xeralmente por profesionais cualificados, que en caso necesario, poderán asesorar de qué patoloxías requiren atención médica.

Os temas a tratar son: anatomía e funcións das costas, hixiene postural, mobilizacións e transferencias, estiramentos, exercicios, e sempre recomendacións. Fágovos un breve resumo de cada apartado.

Na parte teórica explícanse as principais funcións da columna vertebral, entre as que están; permitir ao ser humano andar sen perder o equilibrio, aguantar forzas e cargas en repouso e en movemento, aguantar o cranio, e protexer a medula entre outras. Todas elas importantes para a vida. Tamén se tratan temas de anatomía a ter en conta ao realizar exercicio, xa que as persoas temos características que nos diferencian e polo tanto recomendacións que son boas para uns, non o son tanto para outros.

A hixiene postural consiste en adaptar a postura ás actividades que se realizan e a ser posible, adaptar o medio ás características persoais do individuo. É moi eficaz para previr dores de costas. Xeralmente podemos realizar unha mesma actividade adoptando diferentes posturas, coa hixiene postural poderemos facer todo tipo de actividades do modo máis seguro e livián para as costas.

¿Cómo debemos facer movilizacións?
As persoas con déficit funcional importante necesitan da intervención doutras persoas para ser mobilizadas, pero debemos pensar que estas últimas han de estar adestradas para que os seus movementos non afecten negativamente nin á persoa que coidan nin a si mesmos. Polo que se ha de ter en conta o seguinte: non forzar nunca as articulacións (ombro, cóbado, pulso, cadeira, xeonllo, pés…), e coidar a nosa propia hixiene postural. O mesmo debemos facer cando trasladamos a unha persoa dun lugar a outro, han de realizarse movementos rápidos, a denominada “brevidade de acción” para manexar o menos tempo posible a carga. Tanto nas mobilizacións coma nos traslados habemos de intentar que a persoa á que queremos mover, nos axude o máximo posible dentro das súas capacidades, sen crearlle dependencia.

escuela

¿Porqué debemos estirar?
Sempre nos recomendan que estiremos, pero ¿sabemos por qué debemos estirar? Os beneficios son múltiples. Mellora a flexibilidade do músculo, do tendón, das fascias, ligamentos, cápsula articular e pel. Mellora a amplitude articular, a coordinación, a tensión muscular, é un bo quentamento xa que adapta o ritmo cardíaco. Reduce as lesións deportivas máis comúns, as cambras e as famosas maniotas.

Exercicios:Tal vez, dos exercicios máis importantes da escola de costas, habería que destacar os respiratorios (con técnicas de relaxación), abdominais e lumbares (intimamente ligados). A patoloxía lumbar é a máis habitual e a que causa maiores baixas laborais.
Para realizar mobilizacións, estiramentos, exercicios é importante a parte práctica, a máis dinámica e a que xeralmente gusta máis.

Beneficios do exercicio físico: aumento da flexibilidade, do ton, a forza, a resistencia do músculo, aumenta os sales minerais do óso (loita contra a osteoporose), aumenta a resistencia cardiorrespiratoria e a resistencia á fatiga. Aumenta a elasticidade, o equilibrio e mobilidade, é unha boa fonte de autoestima, de socialización e de mellora do estado emocional. Reduce o estrés e o LDL (colesterol malo).
Boas opcións son andar, correr, nadar, bicicleta, o importante é que nos guste para manter unha continuidade e que non este contraindicado polo noso médico.

Autora: Vanesa López Miguens

Fisioterapueta de Afaga

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

65 − = 58