RGPD - Cookies

 

O presidente de Afaga Alzheimer Juan Carlos Rodríguez, percorrendo as instalacións do novo centro xunto coa alcaldesa Loli Castiñeira e a concelleira de benestar social Gela Ledo. (Fonte: Arquivo Afaga Alzheimer 2021)

 

Salceda de Caselas, febrero

Novo centro de atención á demencia por Alzheimer Afaga en Salceda de Caselas

  • O obxectivo do centro é desenvolver unha ampla estrutura de actividades e ofrecer servizos a todos os usuarios diagnosticados con algún tipo de demencia neurodexenerativa.

No novo centro terapéutico Afaga Alzheimer situado en Salceda de Caselas, Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga Alzheimer, recibiu a visita da alcaldesa Loli Castiñeira e da concelleira de benestar social, Gela Ledo.

Despois dun percorrido polas novas instalacións, financiadas polo concello de Salceda de Caselas e a deputación de Pontevedra que está situadas no antigo colexio Vendanova, Juan Carlos Rodríguez explicou os obradoiros dirixidos a toda a veciñanza e usuarios con diagnóstico de alzhéimer ou outro tipo de demencia neurodexenerativa e tamén para os seus coidadores familiares, que se levarán a cabo alí.

O obxectivo é desenvolver unha ampla estrutura de actividades, ofrecer servizos de información, formación, asesoramento xurídico, asistencia social, apoio psicolóxico e terapéutico, dixo o presidente de Afaga Alzheimer, que destacou os obradoiros de prevención ó deterioro cognitivo “Cultiva Mente” que se impartirán a partir do 1 de marzo de 2021.

O novo centro terapéutico Afaga Alzheimer Salceda de Caselas conta con magníficas instalacións. No seu gran patio exterior hai unha zona de horta e dous espazos cubertos para gardar o material e realizar actividades; No seu interior ten calefacción, internet e un sitio suficientemente axeitado para realizar actividades coa máxima seguridade contra o Covid-19.

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias en Galicia, con máis de vinte e cinco anos de vida, atende hoxe a máis de 750 socios, dos cales o 75% son mulleres, que se encargan dos seus achegados con e sen diagnóstico de calquera tipo de demencia, ten unha ampla gama de servizos en máis de 11 puntos distribuídos na zona sur da provincia de Pontevedra.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

− 1 = 3