Coro Los Sonidos de la Memoria

O sábado, 6 de xuño, o coro ‘Os Sons da Memoria’ formado no mes de febreiro por mor dun acordo en ter a Fundación Coral Casabranca e Afaga Alzheimer, fixo a súa primeira actuación en público. E o resultado foi impresionante.

Coro Los Sonidos de la Memoria

As pezas que interpretaron foron: Anduriña”, ” Perfidia”, “Cuéntame como te ha ido” ou “El Circo”. Nesta última canción uníuselles o Coro Peques Casabranca, conseguindo un resultado fantástico e moi emotivo.

O membros desta agrupación son 26 persoas que teñen alzhéimer ou outras demencias, os seus coidadores e familiares, ademais de varios voluntarios.

Baixo a dirección de Óscar Villar, moi ilusionado co novo proxecto, e acompañados de tres pianistas, un teclista e un baixo, tamén actuaron o Coro de Peques, o Coro Xuvenil, o Coro ” Gepetto” e a Coral Casabranca. Para finalizar todos xuntos sobre o escenario. En total, 450 persoas unidas interpretaron de novo “Cóntame”, a varias voces, e o “Himno galego”.

Coro Los Sonidos de la Memoria

Fundación Coral Casablanca
Todos os coros da Fundación Coral Casabranca sobre o escenario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

+ 8 = 15