Día Mundial del Alzheimer

Como cada ano, o dia 21 de setembro conmemórase o Día Mundial do Alzheimer, declarado pola Organización Mundial da Saúde.
Na campaña deste ano, tanto a Federación Alzhéimer Galicia como as asociacións que formamos parte dela, queremos poñer o aceno na importancia dunha maior conciencia social da enfermidade que involucre a todos os eidos da sociedade. Así, a través da campaña “Ela non se acordará, e ti?”, queremos facer máis visibles aqueles aspectos que consideramos que tanto as administracións públicas como a sociedade en xeral deben axudar a recoñecer para mellorar a calidade de vida das persoas cunha demencia e da súa familia. En definitiva, queremos facer un chamamento á sociedade para que se implique nunha enfermidade que non deixa de aumentar a súa incidencia, centrando noso lema e a imaxe de campaña na persoa con alzhéimer ou outra demencia.

Ademais, con este lema queremos unirnos á campaña da Confederación Nacional, CEAFA que este ano céntrase na importancia de concienciar á sociedade sobre a problemática da enfermidade a través do seu lema “Alzhéimer, ConCiencia Social”

  • Reivindicar a necesaria conciencia para garantizar unha axeitada abordaxe integral do alzhéimer que poña no centro de atención os dereitos das persoas afectadas (paciente-coidador), ó mesmo tempo que se respecte a súa dignidade.
  • Apoiar e sustentar calquera acción ou medida que poida lanzarse en evidencias contrastadas e contrastables, ó tempo que pedimos un maior compromiso coa ciencia -tanto a biomédica como a social ou sociosanitaria-, como único recurso para avanzar cara a erradicación da enfermidade, así como tamén das súas consecuencias.
  • A posta en marcha en Galicia dunha Estratexia Transversal de Atención ás Demencias que involucre a todos os eidos da Administración Pública, complementaria a un Plan Nacional de Alzhéimer.
  • Realizar con urxencia un estudo da situación real do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas en Galicia, creando un mapa que permita coñecer o impacto da doenza na nosa comunidade.
  • A necesidade de que o alzhéimer e as demencias neurodexenerativas sexan consideradas polo Servizo Galego de Saúde como prioridade de saúde pública, tal e como o recoñece a OMS no seu informe “Demencia: una prioridad de salud pública”, publicado no ano 2012.
  • Recoñecemento do 33% de discapacidade para as persoas ás que se lles diagnostique alzhéimer ou outra demencia de maneira automática. O recoñecemento deste grao de discapacidade permitirá ós afectados pola doenza a acceder a recursos e servizos básicos e imprescindibles para estas persoas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

45 + = 50