Os usuarios dos talleres de Tui xa estrearon as novas instalacións, situadas na antiga Escola de Chans, que cedeu o Concello de Tui a Afaga o pasado mes de maio.

img-20150619-wa0002

Neste centro, a asociación desenvolve talleres de estimulación cognitiva e funcional dirixidos a enfermos leves e moderados, ademais doutras actividades dirixidas á mellora da calidade de vida das persoas enfermas e as súas familias.

img-20150619-wa0008

Con ese obxectivo aplícanse diversas terapias funcionais e motrices, cognitivas e socializadoras, que serven para ralentizar a deterioración global que implican ás devanditas doenzas e prever o illamento social da persoa doente e do seu entorno.

O espazo, que ten unha superficie de 110 metros cadrados, sitúase na antiga Escola de Chans, en Randufe, Tui.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

52 + = 55