RGPD - Cookies

En Vigo o 30 de marzo

O Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia e o Alcalde visitaron o Centro Afaga Alzheimer Salceda de Caselas

  • Durante a visita celebrouse o obradoiro CultivaMente, no que se recibiu aos usuarios.

 

O Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Fernando González Abeijón, visitou onte as inmediacións do Centro Terapéutico Afaga Alzheimer Salceda de Caselas. Ademais, estiveron presentes a Alcaldesa Loli Castiñeira Alen, a tenente de alcalde Verónica Tourón Domínguez e o presidente de Afaga Alzheimer Juan Carlos Rodríguez Bernárdez.

 

Percorreron o lugar e presenciaron na execución do programa de prevención da demencia CultivaMente, que é un obradoiro que engloba a prevención da demencia e a promoción de hábitos saudables a nivel cognitivo e emocional. Está deseñado como un obradoiro de metacognición, no que se realizan exercicios de estimulación cognitiva onde o perfil dos usuarios son persoas maiores de 55 anos sen deterioro cognitivo.

Tras un percorrido polas novas instalacións, financiadas polo Concello e a Deputación de Pontevedra, situadas no antigo colexio Vendanova, destacou nas redes sociais o Director Xeral para Persoas Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Fernando González Abeijón. “A implicación de Afaga na atención a persoas con Alzheimer e ás súas familias, con atención especializada e local”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

+ 17 = 25