Como todos os anos, a deliberación foi complicada, pero nesta edición, especialmente, debido á gran calidade e humanidade da maioría dos traballos recibidos. Con todo, hai que seleccionar un gañador e uns finalistas e aquí están os resultados:

Os membros do xurado do V Concurso de Relatos Curtos sobre Alzheimer acordaron que a obra gañadora na categoría castelán é ‘El Devorador de Recuerdos’, escrito por Sandra León Montagut.

Pica aquí para ler ‘El Devorador de Recuerdos’

O relato ganador na categoría galego es ‘Comer o Mar’, escrito por Raúl Manuel Pérez Álvarez.

Pica aquí para ler ‘Comer o Mar’

Ademais, hai catro relatos finalistas. Nesta ocasión, na categoría castelán, hai dous finalistas en Estilo:

  • Á Emotividade: ‘La filmoteca de los recuerdos perdidos’, de Purificación Ruiz Gómez
  • Á Orixinalidade: ‘Tuyo‘, de Marta Michans Marquilles
  • Ao Estilo: ‘Isla Promesa’, de Eric Fernández-Luna Martínez
  • Ao Estilo: ‘El carcelero alemán’, de Imanol Pastor Sola

>Doutra banda, os finalistas na categoría galego son:

  • Á Emotividade: ‘E Ti…..lembrastes’, de María Rico Vázquez
  • Á Orixinalidade: ‘A luz do sol‘, de Iria Seijas Pérez
  • Ao Estilo: ‘O silencio dos sonos’, de Celia Bugarín Pereira.

O xurado na categoría castelán estivo composto por:

  • Cristina Villanueva, Responsable de Comunicación de Afaga
  • Maite Giraldez, Voluntaria de Afaga
  • Lorena Costas, Educadora Social de Afaga
  • Diana Rodríguez, Traballadora Social de Afaga
  • Gonzalo Soliño, psicólogo de Afaga

O xurado na categoría galego estivo composto por:

  • Digna Rivas, deputada de Cohesión Social da Deputación de Pontevedra
  • Raquel Giraldez, teniente alcalde do Concello de Nigrán
  • Rosa Camiña, filolóloga e voluntaria de Afaga
  • Marina Requejo, Traballadora Social de Afaga

Ademais, desde Afaga Alzheimer queremos facer unha mención especial ao relato ‘ Saltamontes, Piruletas e Lapicitos’, escrito por Martina Sartier Picou e Cristina Esmerode Iglesias. Este relato foi escrito por unha nena e a súa avoa, na Residencia ‘San Telmo’ de Tui (Pontevedra), no marco dunha actividade interxeracional moi bonita.

Recibíronse un total de 230 relatos, entre os que hai historias moi bonitas e emotivas, escritas con moito corazón, desde a perspectiva do coidador/ ou dun familiar. Son relatos que falan de sentimentos, emocións, angustias, inquietudes,…

Os relatos finalistas publicaranse no noso blogue ‘O Recuncho do Coidador’ dese o vindeiro luns e durante o mes de maio.

Doutra banda, o resto dos relatos recibidos, e cuxos autores así o autorizaron, iranse publicando cada quince días no blogue.

Desde Afaga queremos agradecer a gran acollida que tivo este concurso e os magníficos relatos que nos chegaron. Tamén queremos dar as grazas á Deputación de Pontevedra, polo apoio que nos presta para poder realizar este certame.

Parabéns a todos os participantes e grazas por enviarnos todos estes fantásticos relatos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

+ 65 = 71