
A entrega que moitos coidadores realizan aos coidados do seu familiar con dependencia lévalles en ocasións a asumir situacións e riscos excesivos que pouco xogan en favor do seu benestar e do éxito nos coidados.
Coidar de nós mesmos é ao que chamamos o AUTOCOIDADO.Á hora de comprender e tomar unha actitude activa ante o autocoidado, debemos ter en conta:
Coidar de nós mesmos é ao que chamamos o AUTOCOIDADO.Á hora de comprender e tomar unha actitude activa ante o autocoidado, debemos ter en conta:
- Coidar de nós mesmos é coidar mellor do noso familiar.
- O maior valor e apoio que ten o noso familiar con dependencia son os seus coidadores.
- Ninguén mellor ca nós sabe como nos sentimos e o que nos sucede. Por iso, somos o axente principal do noso coidado.
- Pero non podemos facelo sós. Coidarnos a nós mesmos implica aceptar toda a axuda que teñamos dispoñible.