O doutor Miguel Galego impartiu a charla inaugural dos cursos para familiares e coidadores de enfermos de alzheímer e outras demencias que organiza Afaga todos os anos.

Charla M Gallego II

Os coidadores/as principais non só proporcionan os coidados básicos como a hixiene, alimentación e vestido, senón que son os responsables de manter a autonomía do maior e da súa permanencia na contorna familiar, converténdose no lazo afectivo máis importante para el, explicou o doctor Gallego.

Diapositiva 30

De acordo con esta realidade, ser o coidador principal dunha persoa dependente require coñecementos e habilidades específicas e así o manifestan un 33% dos coidadores/as, aínda que só un 10% deles refire recibir esa formación.

Principais problemas aos que se enfrontan

Segundo un estudo, os principais problemas descritos polos coidadores son o esforzo físico que leva o coidado (43%), os enfrontamentos familiares (25%) e a perda de vida propia (23%). Ademais, o 93% dos coidadores estima que no futuro a carga económica será insoportable e expresan a necesidade de apoio institucional.
Doutra banda, sinalou que cando as familias asumen o coidado dunha persoa dependente, enfróntanse a importantes cambios vitais, xa que o papel de coidador ten repercusións para a súa saúde física (dores crónicas), mental (ansiedade, depresión), social (illamento social) e emocional (sobrecarga), o que lles conduce, en ocasións, á claudicación ou abandono do coidado.

Como evitar o ‘Síndrome do Coidador’

Para que isto non suceda, Miguel Galego ofreceu unha serie de consellos que eviten o ‘Síndrome do coidador’:

  • Aceptar a enfermidade: Informarse e formarse sobre a atención, evolución, prognóstico, tratamentos, axudas e recursos sociosanitarios.
  • Comunicar o diagnóstico a familiares e amigos, para unha mellor comprensión da enfermidade e as súas consecuencias.
  • Procurar dispoñer de tempo para si mesmo e manter , na medida do posible, as súas amizades e relacións próximas.
  • Non illarse. Contactar con asociacións de familiares que ofrecen apoio, información e formación.
  • Buscar e solicitar axuda profesional cando sexa necesario, debido á sobrecarga que supón o coidado.

Ademais, resaltou que a actitude positiva por parte do familiar é o que mellor funciona á hora de proporcionar unha atención adecuada á persoa con demencia e ter unha boa saúde física e emocional.

Diapositiva 26

Para concluír, o doctro Galego ofreceu unhas palabras de ánimo a todos os coidadores/as.

Diapositiva 52

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

+ 31 = 37