Usuarios, familiares, socios e traballadores de Afaga fómonos de excursión a Cíes, un parque natural cunhas praias espectaculares.
Bo tempo, preciosa praia, impresionantes vistas, e unha inmellorable compañía. Así trascurrió o día, no que houbo opcións para todos os gustos: unha ruta para os máis inquedos, relax á sombra das árbores para os máis tranquilos e unha marabillosa praia de area fina cun mar trasparente para os amantes da auga e o sol.
Todos volvemos con ganas de repetir esta experiencia tan positiva e gratificante.