Afaga, organizou un ano máis o espectáculo benéfico de monólogos ‘Non te esquezas de rir’. A cita será o vindeiro domingo, 24 de xaneiro, no Auditorio do Teatro Afundación, ás 19:00 horas.
Javier Coronas será novamente o mestre de cerimonias deste divertido espectáculo que contará coas actuacións de David Broncano, Quequé e Oswaldo Digón. Todos veñen coa intención de facernos pasar un bo intre, á vez que nos solidarizamos coas persoas que padecen enfermidades neurodegenerativas e cos seus familiares. A recadación destinarase á posta en marcha de novos programas dirixidos a persoas afectadas por Alzheimer e aos coidadores/as.
Un gran xesto destes profesionais que se envorcaron con esta iniciativa que ten como obxectivo principal, ademais de facernos pasar unha divertida tarde, apoiar a un colectivo que aumenta en número cada ano, posto que as cifras de afectados por Alzheimer crecen progresivamente. Trátase dunha enfermidade progresiva e discapacitante, polo que enfermos e coidadores enfróntanse a situacións moi complicadas no seu día a día, a medida que a enfermidade avanza, e por iso necesitan todo o apoio que podamos darlles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

63 − 54 =