concierto personas alzheimer Museo do Mar

  • A Fundación Coral Casablanca de Vigo organizou un concerto o 16 de xullo ao que asistiron familiares de persoas con alzheimer e outras demencias.

O día 16 de xullo as 20:00 tivo lugar un concerto no Museo do Mar de Vigo financiado pola Consellería de Política Social. A Fundación Coral Casablanca de Vigo foi a encargada de organizalo cumprindo coas medidas hixiénico-sanitarias recomendadas pola Consellería de Sanidade.

Este concerto realizouse para homenaxear as persoas con alzheimer, xa que foi un dos colectivos que máis sufriron as consecuencias da crisis sanitaria durante o confinamento. Tamén contou coa colaboración de Afaga Alzheimer e moitos dos seus socios, familiares de persoas diagnosticadas con alzheimer, asistiron ao concerto.

As medidas de seguridade foron respectadas con controis de acceso, de temperatura (tanto ao público como aos integrantes da coral) e a verificación das invitacións a través de DNI. As distancias de seguridade entre os asistentes e os propios membros da coral mantivéronse. Ademáis, a coral cantou con mascarilla durante os 70 minutos que durou o concerto.

Concierto dedicado personas alzheimer demencias

En Afaga Alzheimer queremos dar as grazas a Consellería de Política Social por patrocinar este evento, ao Museo do Mar de Vigo pola cesión do seu espazo e a Fundación Coral Casablanca coa súa magnífica actuación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

7 + 1 =