Un ano máis, Afaga organizou varias actividades para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer. Unhas propostas nas que predominou o apoio e compromiso da cidadanía, posto que todas contaron cunha gran participación de cidadáns que se involucraron nelas, ben para informarse acerca desta enfermidade, ben para solidarizarse cos afectados e as súas familias.

f1

Relatorio ‘Alzheimer e estilo de vida: Pódese previr a enfermidade?’

Carlos Spuch, Investigador senior do Grupo de Neuroloxía. Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. e María Pérez, Dietista-nutricionista clínica, e membro do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia, foron os encargados de impartir a conferencia, celebrada o xoves 22 de setembro, no Auditorio Municipal do Arenal, en Vigo.
Segundo estes expertos, o alzhéimer e as enfermidades neurodexenerativas non se poden previr, pero si podemos atrasar a súa aparición e, sobre todo, envellecer dunha forma máis saudable. Vida activa, con exercicio moderado pero diario, unida a unha nutrición sa e variada, con moita froita e verdura, e poucos alimentos procesados, é dicir, volver á alimentación de outrora, a das nosas avoas, son algúns dos consellos que deron.

f7

Carlos Spuch e María Pérez fixeron dúas exposicións maxistrais, e aclararon moitas dúbidas e falsos mitos sobre como o noso estilo de vida inflúe en enfermidades futuras.
A choiva de preguntas ao final da mesma, foi o dato crave do interesante que resultou a conferencia aos asistentes, que encheron totalmente a sala.

img_4951

Andaina solidaria

O sábado, 17 de setembro tivo lugar a Camiñada Solidaria organizada pola Federación Alzhéimer Galicia como acto da campaña polo Día Mundial do Alzheimer, que tivo como lema ‘Marcando o paso ao alzhéimer’. Máis de 500 persoas, entre as que destacaban profesionais, familiares e afectados das 13 asociacións galegas e chegadas desde diferentes puntos de Galicia, reuníronse no Monte do Gozo de Santiago para iniciar xuntos a actividade.

dsc01728

Por parte de Afaga, asistiron a este acto unhas 140 persoas, que achegaron o seu granito de area para dar visibilidade a esta doenza que ano a ano afecta a un maior número de persoas.
Ao final do traxecto, que era de 4,5 quilómetros, chegábase ao Parque Bonaval, onde se inaugurou o Espazo da Memoria, un emprazamento cedido polo Concello de Santiago que vai ser un lugar de recordo a todos os afectados polas demencias neurodegenerativas e as súas familias.

dsc01978

and-4

Mesas informativas

O mércores, 21 de setembro, instalouse unha mesa informativa na zona peonil do Calvario, en Vigo, na que se ofrecía información sobre a asociación e sobre os servizos que ofrece.

mesa-dia-mundial-ii

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

80 + = 88