É frecuente que xurdan problemas co vestido: erros na secuencia de pasos, pezas colocadas do revés, poñer varias pezas unha por enriba doutra, problemas con botóns, cremalleiras, etcétera.

Por iso é recomendable seguir unha serie derecomendacións para simplificar e facilitar o vestido:

  • Colocar no armario só a roupa de tempada, identificando con debuxos onde se encontra cada peza (calcetíns, roupa interior ou camisas).
  • Elixir co enfermo a roupa que vai poñerse ao día seguinte, deixándoa colocada na orde en que deberá poñérsa.
  • Facer que o enfermo garde as súas cousas sempre no mesmo sitio. Así é máis difícil que se esqueza e evítase que crea que llas roubaron. Ademais, convén ter unha copia dos obxectos persoais máis usados e necesarios por se acaso os perde.
  • Cambiar os botóns e cremalleiras por tiras de velcro e utilizar pezas dunha soa peza elástica e non axustada.
  • É conveniente substituír os zapatos de cordóns por outros con peche adhesivo, de adoite antiescorregadizo, sen tacóns e de forma ancha.
  • Non anticiparse nin meter présa. Deixar tempo para que o paciente se vista él mesmo e, se non é capaz, primeiro intentar darlle ordes sinxelas sobre o que debe facer e recorrer á imitación.
  • Non pensar que xa non pode facer nada. Quizáis o enfermo sexa capaz de estirar o brazo para meter a manga, pero só necesita a súa indicación.
  • Se o enfermo non se sostén en pé ou sentado, poñerlle primeiro a roupa da parte inferior mentres está na cama; despois, ó incorporalo para sentalo na cadeira, subirlle as pezas. Así xa só quedará a roupa da parte superior.
  • Se é posible, rematar de arranxalo ante o espello, o que lle axudará a que sexa capaz de recoñecerse durante máis tempo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

+ 85 = 86