Hai, evidentemente, un mercado potencial para as empresas españolas e europeas en xeral. Pero, para que se logre, é necesario que os usuarios poidan acceder a elas, que a súa economía particular llo permita, ou que existan mecanismos de financiamento axeitados, así como axudas e subvencións para os que as precisen.
Nalgúns países europeos, sobre todo nos nórdicos, case a totalidade das axudas técnicas están financiadas pola Administración sanitaria ou os Servizos Sociais, e é precisamente alí onde se logrou un desenvolvemento máis importante das tecnoloxías da rehabilitación.

O financiamento público é diferente duns países a outros, pero inflúe claramente en que se consolide ou non a actividade das empresas que se dedican á tecnoloxía da rehabilitación.
En España conséguense subvencións para axudas técnicas polas seguintes vías:

  • A través do portal Guiadis.es
  • A través do INSALUD ou entidades que recibiron as competencias deste Instituto nas distintas Comunidades Autónomas. Hai un catálogo de prestacións ortoprotésicas nestes organismos, ao que pode recurrirse para saber a qué se ten dereito en concreto, en qué condicións e cómo se solicita.
  • A través doutros réximes, específicos de persoal funcionario, como MUFACE, ISFAS.
  • Recurrindo ás convocatorias de axudas a persoas con minusvalidez que periódicamente realizan as Comunidades Autónomas.
  • Por medio doutras entidades, como ONCE, Cruz Roja, etcétera.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

+ 14 = 20