• A Policía Nacional impartirá unha charla preventiva dirixida a persoas maiores. Será o martes 22 de febreiro de 17:00 a 18:30 no Salón de Actos de la asociación Érguete.

A Policía Nacional impartirá a charla “Seguridad y prevención en delitos para personas mayores” na súa labor de sensibilización e información a persoas potencialmente vulnerables. Esta abarcará diversos espazos da vida cotiá (domicilio, vía pública, bancos e establecementos comerciais, viaxes e Internet), facilitando consellos de seguridade.

A charla realizarase o 22 de febreiro de 17:00 a 18:30 no Salón de Actos da asociación ÉRGUETE (Avda. Martínez Garrido, 21 Interior; enfrente de AFAGA, en el primer piso). O principal requisito para asistir é ser socio/a da nosa asociación. Pero aconsellámoslles contactar con nós si están interesados por si se da o caso de que dispoñamos de prazas libres.

É OBLIGATORIO inscribirse con anterioridade e poden facelo chamando ao 986 22 97 97 ou escribindo a formacion@afaga.com.

charla policía seguridade

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

23 − 18 =