charla policia afaga

  • A Policía Nacional visitou os obradoiros do programa Cultiva a Mente para dar unha charla sobre seguridade e prevención dirixida a persoas maiores.

O 15 de marzo (martes) dous axentes da Policía Nacional estiveron nos obradoiros de Cultiva a Mente para impartir unha charla sobre seguridade e prevención.

Abarcaron diversos espazos da vida cotiá (domicilio, vía pública, bancos e establecementos comerciais, viaxes e Internet), facilitando consellos de seguridade.

Dende AFAGA queremos dar as grazas á Policía Nacional pola súa labor de sensibilización e información a persoas potencialmente vulnerables.

Para máis información sobre os obradoiros de Cultiva a mente poden ir a este enlace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

73 − = 72