charla formativa afaga

  • AFAGA Alzheimer realizou a terceira charla formativa dentro do programa de Actividades socioeducativas e terapéuticas para familias: “Vida activa: estimulación día a día”.

O 22 de marzo (martes) impartiuse a charla “Vida activa: estimulación día a día”. Foi no Centro de Atención ás Demencias en Vigo e estivo a cargo de Cristina Esmerode Iglesias, terapeuta ocupacional en AFAGA Alzheimer.

Nesta se abarcaron estratexias de fomento da autonomía e retardo da dependencia. Acudiron 20 asistentes entre persoas coidadoras e familiares de persoas con demencia.

A próxima actividade dentro do programa será a charla “Recursos de apoio para acompañar a unha persoa con demencia”. Se explicarán os distintos recursos que existen a disposición das persoas dependentes e as súas familias.

Terá lugar o 30 de marzo (mércores) de 17:00 a 19:00 no Centro de Atención ás Demencias en Vigo (Avda. Martínez Garrido, 21 Interior).

Ademáis, o coste solidario desta actividad será de 5€ para as persoas socias e de 10€ para as persoas non socias.

Para asistir a esta charla é OBRIGATORIO inscribirse con anterioridade. Poden facelo chamando al 986 22 97 97 ou escribindo a formacion@afaga.com.

charla formativa afaga

A continuación, deixamos o cartel co programa completo de Actividades socioeducativas e terapéuticas para familias de xaneiro a xuño de 2022.

actividades familias afaga

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

− 5 = 1