charla formativa AFAGA

  • AFAGA Alzheimer realizou a segunda charla formativa dentro do programa de Actividades socioeducativas e terapéuticas para familias: “Emoción e conducta nas persoas con demencia”

O 26 de xaneiro (mércores) impartiuse a charla formativa “Emoción e conducta nas persoas con demencia”. Nela se explicaron os síntomas conductuales e psicolóxicos da demencia (SCPD) e pautas básicas a ter en conta.

A charla realizouse no Centro de Atención Integral ás Demencias en Vigo e estivo a cargo de Beatriz Rodríguez Álvarez, Psicóloga en AFAGA Alzheimer. Acudiron 14 asistentes entre persoas coidadoras e familiares de persoas con demencia.

A próxima actividade dentro de noso programa é una sesión de acollida organizada por Marina Requejo Román, Traballadora social en AFAGA Alzheimer. Terá lugar o 7 de febreiro (luns) ás 17:00 no Centro de Atención Integral ás Demencias (Avda. Martínez Garrido, 21 interior, Vigo). A sesión será gratuita e está dirixida a persoas non socias de AFAGA Alzheimer que desexan informarse sobre a asociación e os servizos que ofrecemos.

sesión acollida AFAGA

Para asistir á sesión de acollida e OBRIGATORIO apuntarse con anterioridade. Poden facelo chamando ao 986 22 97 97 ou escribindo a formacion@afaga.com. A continuación, deixamos o cartel co programa completo de Actividades socioeducativas e terapéuticas para familias de xaneiro a xuño de 2022.

programa actividades AFAGA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

2 + 4 =