charla afaga demencias

  • Afaga Alzheimer realiza a primeira charla formativa do seu programa de actividades socioeducativas e terapéuticas para familias 2021-22.

O 24 de novembro impartiuse a primeira charla formativa do programa de actividades socioeducativas e terapéuticas para familias 2021-22, organizada por Afaga Alzheimer. Baixo o título de “Alzheimer e outras demencias: máis alá da memoria”, se explicaron os distintos tipos de demencias, síntomas de alarma e os tratamentos farmacolóxicos e non-farmacolóxicos.

A charla realizouse no Centro Integral de Martínez Garrido e estivo a cargo de Alba López Lanciego, Psicóloga en Afaga Alzheimer. Acudiron en total 17 persoas, entre coidadores e familiares de persoas con demencia, para formarse e seguir aprendendo con nós.

Grazas a todo o interese mostrado polas familias nesta charla, en Afaga estamos planificando repetila próximamente para enero do 2022. En canto teñamos datas, o comunicaremos a través das nosas redes sociais e emails dirixidos a socios.

A próxima charla dentro de noso programa é “Emoción e conducta nas persoas con demencia”. Nela falaremos dos síntomas conductuales e psicolóxicos da demencia (SCPD) e de pautas básicas a ter en conta. Será o 26 de enero de 2022 de 17:00 a 19:00 no Centro Integral de Martínez Garrido (Avda. Martínez Garrido, 21º, Interior).

Poden apuntarse a estas charlas e outras actividades programadas chamando ao 986 22 97 97 ou escribindo a formacion@afaga.com. A continuación, deixamos o programa completo dende novembro de 2021 a xuño de 2022.

actividades socioeducativas terapéuticas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

+ 56 = 60