charla porriño afaga

  • O venres 18 de marzo celebrouse unha charla organizada por AFAGA Alzheimer para falar sobre as demencias a persoas coidadoras e familiares.

O 18 de marzo (venres) tivo lugar a charla “Alzheimer e outras demencias: qué son e factores de prevención” impartida por Maxi Rodríguez, Psicóloga sanitaria en AFAGA Alzheimer. Foi no Salón de Actos do Centro Cultural de O Porriño.

O acto empezou coa presentación dos obradoiros de Cultiva a Mente que se realizarán no concello de Porriño. Nesta estiveron presentes (de esq. a der. na seguinte foto) Juan Carlos Rodríguez, presidente de AFAGA Alzheimer; Alejandro Lorenzo, alcalde do concello de O Porriño; e Maxi Rodríguez, ponente da charla.

charla porriño afaga

A continuación se realizó a charla na que falouse das demencias, evolución cognitiva, síntomas de alarma, factores de prevención, etc. A mesa estivo presidida pola ponente Maxi Rodríguez e Diana Rodríguez, Traballadora Social en AFAGA Alzheimer.

Dende a asociación queremos dar as grazas ao alcalde e aos concelleiros presentes por acudir a esta charla. E tamén, sobre todo, ás familias e persoas que asistiron. Agradecemos moitísimo a súa participación na charla e esperamos que a experiencia fose tan enriquecedora para eles como para nós.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

78 + = 87