Celebración da clausura dos nosos talleres terapéuticos en Mos

celebracion clausura talleres mos 4 1024x768
  • O día 29 de xullo celebramos a ceremonia de clausura dos nosos talleres terapéuticos en Mos acompañados por Sara Cebreiro, concelleira de Política social do Concello de Mos, e Julia Loureiro, concelleira de Educación do Concello de Mos.

Onte, 29 de xullo, celebramos a clausura dos nosos talleres en Mos acompañados das persoas socias de Afaga Alzheimer e os seus familiares. Tamén asistiron Sara Cebreiro, concelleira de Politica Social, e Julia Loureiro, concelleira de Educación, en representación do Concello de Mos.

O grupo infantil de gaitas de “Nosa terra de Pereiras” amenizou a tarde interpretando algunhas pezas para os asistentes. Dende Afaga Alzheimer queremos dar as grazas a todos os participantes dos talleres, persoas socias, as concelleiras do Concello de Mos e aos los membros do grupo infantil de gaitas por estar connosco nun día tan especial.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio