Rescatar recuerdos a través de las cartas

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias,  Afaga, e o Colexio CEIP  Atín-Cela Mos puxeron en marcha este entrañable proxecto interxeracional, no que participan alumnos/as de quinto e sexto de primaria e usuarios/as de Vigo, Mos e Tui.

Esta iniciativa teñe dous obxectivos principáis: fomentar a estimulación cognitiva das persoas que teñen alzhéimer ou outra demencia, e estreitar lazos de unión entre nenos e maiores, fomentando valores como o respecto e o agarimo cara os avós e avoas.

Os usuarios e usuarias de Afaga que participan neste proxescto son as persoas que reciben estimulación a domicilio –posto que os centros ainda seguen pechados-. Cada maior ten asignado  un alumno o alumna do colexio Atín –Cela Mos, e entre eles se cartean, é dicir, sempre é o mesmo neno/a que escribe a un mesmo avó o avoa e viceversa. Desta forma hai continuidade nas historias e mellores resultados a nivel terapéutico.

Diana Rodríguez, traballadora social de  Afaga e coordinadora do proxecto, explica que “a través das cartas, os maiores esfórzanse por atopar na súa memoria eses recordos pasados, esas anécdotas, os xogos, as tradicións, para poder contarllas ao seu alumno ou alumna. Así traballan a memoria e sérvelles de estimulación cognitiva e funcional, xa que son eles mesmos quen escribe as cartas a man”.

Pola súa banda, Joana Pereiro, profesora de quinto de Primaria e responsable do proxecto por parte do CEIP, sinala que a finalidade deste proxecto é “poñer en valor aos nosos maiores, facendo que os alumnos se interesen por coñecer o seu pasado achegándoos así ás nosas tradicións. Os nenos poderán aprender como xogaban antigamente, como era o ensino, as festas, mesmo o seu propio pobo. Cremos que é importante unir a estas dúas xeracións, e xa que o momento actual obrigounos a distanciarnos fisicamente, isto é unha forma de poder achegalos. Ademais, con este proxecto poñemos en marcha un costume cada vez máis en desuso, comunicarse por carta, a emoción de escribilas e recibilas”.

Proyecto intergeneracional

A auxiliar é o nexo de unión

O carteiro ou carteira encargada de facer o nexo de unión entre nenos e maiores é a auxiliar que acode aos domicilios para realizar a estimulación cognitiva; ela traballa co usuario ou usuaria a redacción da carta e failla chegar de forma  online á profesora, que lla entrega ao alumno/a; despois repítese o proceso á inversa.

Pero o proxecto irá máis aló, non quedará só no intercambio de cartas. Todas as anécdotas, xogos, tradicións de outrora quedarán recompiladas nun libro que reflectirá a cultura popular contada polos avós/as aos nenos/as.

Rescatar recuerdos a través de las cartas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

− 6 = 2