Por medio do Testamento Solidario, alen de deixar a túa herdanza aos teus seres queridos, poderás destinar parte do teu patrimonio ás persoas afectadas polo Alzhéimer e outras demencias e contribuír a mellorar a calidade de vida dos enfermos e dos seus familiares.

QUE CONSEGUE AFAGA COAS MIÑAS ACHEGAS?

  • Continuar co desenvolvemento de obradoiros de estimulación cognitiva e funcional.
  • Financiamento para a realización de programas de apoio psicolóxico dirixidos a familiares e coidadores.
  • Financiamento para a realización de actividades e programas de respiro dirixidos a familiares e coidadores.
  • Realizar actividades formativas dirixidas a familiares e coidadores.
  • Fondos para participar en investigacións cuxo fin último é atopar unha posible cura para o Alzheimer e outras demencias, ou ben, deter ou atrasar a deterioración causada por estas.

COMO O FACER?
Facer testamento é un procedemento inmediato, simple e económico. Comunmente emprégase o testamento aberto ou notarial e pódese modificar tantas veces como desexar.
Existen diversas modalidades para realizar un testamento solidario:
1.-    No caso de que non teres herdeiros, poderás nomear AFAGA herdeiro universal.
2.-    No suposto de deixar os teus bens a máis dunha persoa e/ou institución, podes nomear AFAGA coherdeira, simplemente sinalando no testamento a porcentaxe destinada a cada unha das partes.
3.-    Por último, podes deixar a AFAGA un ben concreto a través dun legado.

No caso de estar interesado, animámoste a solicitar máis información enchendo este formulario, a través do 986229797 ou por e-mail: d.juridico@afaga.com

Nome  
Apelidos
Teléfono
Correo electrónico
Enderezo