Firma do acordo.
Firma do acordo.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e a Asociación Afaga Alzhéimer, asinaron un convenio para desenvolver accións conxuntas en prol das persoas con demencia e dos seus familiares.

Este acordo foi asinado no Hospital Álvaro Cunqueiro por Julio García Comesaña, xerente do Área Sanitaria de Vigo, e Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga Alzheimer, nun acto no que tamén estaba presente Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade, e José Antonio Fernández, subdirector de Humanización e Atención á Cidadanía.

A colaboración entre ambas entidades ten por obxecto impulsar actividades conxuntas que melloren a calidade de vida das persoas con demencia e/ou seus familiares.

Entre estas accións destaca a posta en marcha de campañas de formación á poboación da área sanitaria dirixidas ó diagnóstico precoz do alzhéimer e outras demencias, a organización de talleres e conferencias divulgativas, a organización de actividades formativas e de acompañamiento para coidadores familiares e a cesión de espazos para o desenvolvemento de proxectos piloto de atención ás persoas con demencia nos centros dependentes da área sanitaria de Vigo.

Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga valora de forma moi positiva este acordo: “Coa firma deste convenio damos un paso máis na atención ás persoas que teñen unha demencia e ás súas familias. Son accións que xa se están realizando grazas á estreita colaboración que o Sergas mantén con Afaga, pero desta forma poñemos sobre o papel o compromiso que ambas entidades temos e tamén asumimos o reto de ampliar e impulsar os proxectos para abarcar así un núcleo de poboación cada vez maior -posto que o número de persoas con demencia tamén aumenta cada ano- e para ofrece unha mellor atención”.

Pola súa banda, o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, concluíu que “en definitiva, con esta colaboración trátase de impulsar actividades conxuntas que melloren a calidade de vida das persoas con demencia e a dos seus familiares”.

 

 

One thought on “Afaga e o Servizo Galego de Saúde asinaron un convenio para o desenvolvemento de accións en prol das persoas con Alzhéimer”

  1. Me parece muy necesario, a
    Tencion a personas y familiares con otras demencias no solo Alzhehimer, ya que hay demencias en edad temprana de la cual hay poca y información y los familiares en mi caso espesa de un enfermo y mis hijos, estuvimos muy perdidos sin saber que hacer, gracias a la asociación Afaga , que no
    s dio cobijo y información apoyo, me gustaría que esto no pasara nunca más y que se pueda acoger y dar infirmacion a todo familiar….Gracias Jun Carlos por tanto que trabajas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

+ 32 = 33