programa divulgamente afaga

  • Afaga Alzheimer visitou dous institutos de Vigo durante o mes de decembro para informar e sensibilizar sobre as demencias a través do programa Divulgamente.

A asociación participou un ano máis no programa Divulgamente, organizado por FAGAL e Fundación Barrié. Tras visitar o Centro Educativo Aloya no mes de novembro, achegáronse a outros institutos para continuar a labor de informar e sensibilizar sobre as demencias aos máis xóvenes.

Primeiro visitou o Colexio Vivas para impartir unha charla aos estudantes do ciclo de coidados auxiliares de Enfermería. E esa mesma semana tamén foron ao IES República do Urugai na que estiveron cos alumnos de 1º de Bacharelato. As ponentes foron Roser Ibánez Cortina, educadora social, e Rebeca Álvarez Torres, responsable do departamento de comunicación da asociación.

divulgamente charla afaga

Para máis información sobre o programa Divulgamente poden consultar o seguinte artigo na páxina web de FAGAL.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

7 + 2 =