O teatro Afundación, en Vigo, acolleu onte, l6 de xullo, a Gala dos Vigueses Distinguidos 2015.

O presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, recolleu o premio de mans do Alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Vigueses Distinguidos 2015
Durante o seu discurso, Juan Carlos Rodríguez destacou o labor da asociación para “levar a luz á conciencia e estímulo aos enfermos”. Ademais, afirmou a súa intención de facer de Vigo un “referente” na atención a enfermos de Alzheimer.

Vigueses Distinguidos 2015

Durante a gala se otrogó a Medalla da Cidade á industria da automoción polo seu peso na economía e sociedade, e entregáronse os premios ao resto dos galardoados: ao publicista e profesor Carlos Mañas; ao sacerdote dominicano Emilio Suárez; ao irmán xesuíta José Bailón; ao Hospital do Meixoeiro; á Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C e aos axentes da Policía Nacional Vicente Alló e Vanessa Lage -a título póstumo- co galardón de Vigués Distinguido. “Todos aglutinan virtudes que merecen o recoñecemento da cidade; son homes e mulleres cos que identificarnos, resaltou Caballero. O pregón pronunciouno o ex alcalde e maxistrado Ventura Pérez Mariño.

vigueses distinguidos v

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

9 + 1 =