premio Afaga Alzheimer BBVA

  • Afaga Alzheimer é galardoada por su proxecto para mellorar a atención a persoas con demencia nos seus domicilios.

Afaga Alzheimer foi unha das tres entidades galegas elixidas entre os 23 proxectos nacionais que resultaron gañadores dos premios lanzados pola xestora BBVA Asset Management e que están dirixidos a accións sostibles. Juan Carlos Rodríguez, presidente da asociación, e Iván Rarís, responsable de proxectos, acudiron á sede do BBVA no Cantón Pequeño de A Coruña para a entrega dos galardóns.

A asociación recibirá 35.000 euros por parte da entidade bancaria que permitiranlle impulsar o seu proxecto dirixido á mellora da atención a domicilio para as persoas con demencia. «Está orientado, a través de la tecnología, para llegar a donde viven las personas para desarrollar la terapia y el acompañamiento, es dar una continuidad en el hogar», expuxo Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga Alzheimer. Con este diñeiro poderán contratar a un psicólogo, un diplomado en terapia ocupacional e a un auxiliar que participarán no itinerario terapéutico.

«Buscamos individualizar la atención y todo tiene que ser sostenible, también desde el punto de vista económico, y podremos atender a 40 personas con demencia en su entorno domiciliario», detallou Iván Rarís, responsable de proxectos. Mediante tabletas cun software específico será posible monitorizar o estado cognitivo dos usuarios da asociación, o que repercutirá tamén en familiares, amigos e outros achegados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

− 2 = 1