Estimulación cognitiva insividualizada

Hoxe comeza o programa de atención individualizada no Centro de Atención integral de Vigo, situado na Avda. Martínez Garrido, 21. Interior. Baixo cita previa ofreceranse os seguintes servizos:

  • Para os familiares, Atención Social, Psicolóxica, Asesoramento Legal e de Produtos de Apoio.
  • Para as persoas con demencia: Estimulación Cognitiva e Funcional.

Os profesionais da asociación ofrecen sesións individualizadas para dar resposta á necesidade que teñen tanto as familias como as persoas con demencia de acceder aos servizos que Afaga Alzheimer prestaba antes da corentena. Desta forma, cúbrense as necesidades máis urxentes de familiares, coidadores e usuarios ata poder retomar a actividade da entidade de forma integral.

Para abrir de novo as portas de Afaga e poder ofrecer este tipo de atención establecéronse un Protocolo de Seguridade e Garantía Sanitaria, segundo as normas do Covid-19.

Doutra banda, Afaga continúa ofrecendo no Servizo de Axuda a Domicilio (SAD) e tamén a estimulación terapéutica en casa dos usuarios e usuarias que o solicitan.

Teléfono de cita previa ou consultas: 986 22 97 97.

Protocolo de seguridad

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

59 − 52 =