img-thumbnail

O Alcalde de Vigo, Abel Caballero propuxo a Afaga como Vigues distinguido 2015. Proposta que foi ratificada polos tres grupos municipais PP, PSOE e BNG.

Ademais, o Concello de Vigo outorgará Medalla da Cidade ás empresas do sector da automoción.

O resto dos galardonados neste 2015 son:Vanesa Lage y Vicente Alló, os dous axentes do Corpo Nacional de Policía que foron tiroteados nun atraco nunha entidade bancaria do Calvario; a Carlos Mañas, publicista, escritor, profesor, activista social e impulsor, entre outras iniciativas, do Foro de Saúde Mental TBO (Trastorno Bipolar Organización); ao sacerdote jesuita José Bailón,con medio século de traballo no Colexio Apóstolo Santiago; ao sacerdote xubilado Emilio Suárez Coruxo,polo seu traballo durante anos na parroquia do Cristo de la Victoria; a Plataforma de Afectados pola Hepatite C pola súa valentía e esforzo, e polo seu labor reivindicativo para a incorporación dos novos fármacos contra o virus ao sistema de saúde; e ao al Hospital Meixoeiro, que este ano celebra o seu 25 aniversario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

54 − 50 =