Un ano máis, Afaga presenta a segunda edición do certame ‘Nun Recuncho da Memoria’ dirixido a coidadores, familiares e, en xeral, a todas as persoas sensibilizadas con esta doenza ou que lles guste escribir e atopen no envellecemento ou as enfermidades neurodegenerativas a súa fonte de inspiración.

A temática abordará a enfermidade de Alzheimer, pero pode estar enfocada desde moitas perspectivas: desde a visión do propio enfermo, a familia, os coidadores, relaciónelas avós-netos, percepción da sociedade respecto das enfermidades neurodegenerativas, ou as relacións sociais da persoa enferma e/ou dos coidadores familiares.
O prazo de presentación dos relatos abriuse o 15 de xaneiro e finalizará o 15 de marzo de 2017.

A extensión será, como mínimo, dun folio e medio e como máximo, de tres.
O premio consiste nunha tablet Samsung Galaxy ou similar.
Consulta as bases do concurso:

 Bases Relato Curto

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

+ 67 = 76