Un ano máis, Afaga presenta o certame de relatos curtos sobre alzhéimer e outras demencias ‘Nun Recuncho da Memoria’ que, nesta ocasión chega á quinta edición.
O concurso diríxese a coidadores, familiares e, en xeral, a todas as persoas sensibilizadas con esta doenza ou que lles guste escribir e atopen no envellecemento ou as enfermidades neurodexenerativas a súa fonte de inspiración.
Nesta ocasión, hai unha novidade na temática, que tratará sobre o envellecemento, a enfermidade de Alzheimer ou outras demencias, ou as relacións sociais da persoa enferma cos coidadores familiares.
Os relatos poden estar escritos en lingua castelá ou en lingua galega, hai un premio para cada convocatoria.
O prazo de presentación dos relatos finalizará o 8 de abril de 2019.
A extensión será, como mínimo, dun folio e medio e como máximo, de tres.
O premio consiste nunha tablet Samsung Galaxy, un Smartwatch ou un eBook (o gañador/para escollerá unha das tres opcións).