AFAGA e a Subdelegación do Goberno en Pontevedra continúan achegándose. Nunha recente reunión, o Presidente de AFAGA Alzheimer, Juan Carlos Rodríguez, e o asesor xurídico da asociación, Iván Rarís, trasladaron á Subdelegada do Goberno na provincia, Maica Larriba, os novos proxectos en que está embarcada a entidade, como a primeira Cátedra de Edadismo, xunto con AFAPO e a Universidade de Vigo (a primeira en Europa) e a construción dun centro especializado en atención a persoas con demencia e a súa contorna familiar e convivencial que, xuntamente coa comunidade científica, pretende sentar as bases dos novos modelos de atención a estes colectivos.

O encontro, de gran sintonía, saldouse co compromiso da Subdelegada para colaborar con AFAGA en todas aquelas materias que se atopen dentro das competencias da Subdelegación do Goberno. Unha das primeiras iniciativas conxuntas que se concretará será a formación dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e dos profesionais sociosanitarios en materia de intervención activa con persoas que padecen alzheimer ou outras demencias. Tamén estudaremos a posibilidade de establecer protocolos conxuntos de axuda entre AFAGA e as forzas de seguridade nos casos de desorientacións, perdas e desaparicións de persoas con enfermidades neurodegenerativas. Intercambiando datos e información, a resolución destes casos podería axilizarse de forma significativa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

76 − = 67