O grupo Cenor presentou a oitava edición do Circuíto de golf Cenor-Camino de Santiago 2015 que se celebrará entre os meses de Abril e Setembro e que comezará este sábado, 11 de abril, no Real Aeroclub de Santiago.

Nesta edición inaugúrase o Mejor Aproach Afaga, no que poderán participar todos os xogadores que doen un mínimo de cinco euros. Esta cantidade recadarase a favor desta asociación, e servirá para a posta en marcha de actividades que melloren a calidade de vida das persoas que padecen Alzheimer e os seus familiares.

O circuíto consta de dez probas clasificatorias abertas seguindo o Camiño de Santiago, en Galicia, Asturias, Cantabria, Navarra e País Vasco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

36 − 31 =