Cartel VI Gala No te olvides reír

  • O 19 de setembro terá lugar a VI Gala Non te esquezas de rir, espectáculo de monólogos organizado pola asociación Afaga Alzheimer.

Afaga Alzheimer organiza a VI edición da Gala Non te esquezas de rir. Este ano actuarán Lucía Veiga, Marita Martínez, Diana Sieira e Ángela Triana, monologuistas cun longo percorrido polos escenarios. Con este espectáculo preténdese renderlles homenaxe ás coidadoras durante a pandemia. O evento vaise celebrar no teatro Afundación (Rúa do Marqués de Valladares, s/n, Vigo) o domingo 19 de setembro ás 19:00.

As entradas xa están á venda na páxina de Ataquilla.com e no Centro Integral de Martínez Garrido, en Vigo, onde se atopa a sede da asociación. Poden contactar con Afaga Alzheimer para a compra de entradas ou calquera consulta chamando ao 986 22 97 97 ou escribindo un correo a afaga@afaga.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 + 5 =