afaga finalista premio ACIS

  • Afaga Alzheimer foi seleccionada como finalista da II edición dos Premios de Innovación en Saúde na modalidade Idea de Pacientes polo seu proxecto “En Compañía”

A Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) anunciou aos finalistas para a II edición dos Premios de Innovación en Saúde. Na modalidade de Idea de Pacientes atópase o proxecto “En compañía” creado por Afaga Alzheimer.

O obxectivo do mesmo é acercar a estimulación terapéutica a través das novas tecnoloxías a aquelas persoas que teñen algún tipo de demencia neurodexenerativa, sobre todo en fase leve e moderada. Con este proxecto tamén preténdese conseguir a desconxestión da atención sanitaria pública, ralentizar o avance do deterioro cognitivo e aportar unha maior calidade de vida ás personas con demencia.

A continuación, os deixamos o vídeo da candidatura:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

51 − = 44