AFAGA Alzheimer anuncia aos gañadores do VIII Concurso de relatos curtos

afaga alzheimer viii concurso de relato curto nun recuncho da memoria

Hoxe, 14 de xuño de 2022, dende AFAGA Alzheimer comunicamos o fallo do xurado do VIII Concurso de relatos curtos “Nun recuncho da memoria” cos gañadores e finalistas de cada categoría

Para a VIII edición do Concurso de relatos curtos “Nun recuncho da memoria” recibimos máis de 80 participacións de diversos lugares do mundo. Hoxe, 14 de xuño de 2022, dende AFAGA Alzheimer comunicamos o fallo do xurado do VIII Concurso de relatos curtos “Nun recuncho da memoria” cos gañadores e finalistas de cada categoría.

Obras gañadoras do VIII Concurso de relatos curtos “Nun recuncho da memoria”

A obra gañadora na categoría de galego é “Confusión”, escrito por Yanira Ahedo Blanco, residente en A Coruña-España. E a obra gañadora na categoría de castelán é “Pepa, querida”, escrito por Claudia Ortega Malo, residente en Sevilla-España.

Obras finalistas do VIII Concurso de relatos curtos “Nun recuncho da memoria”

En canto aos finalistas, os membros do xurado desta edición decidiron nombrar dous relatos por categoría atendendo aos criterios de creatividade e emotividade.

Os finalistas na categoría de galego son:

  • Creatividade: “Clavelitos” escrito por Simón Rodríguez Teixeiro
  • Emotividade: “Ao compás” escrito por Marta Vence Areán

Os finalistas na categoría de castelán son:

  • Creatividade: “El incidente alemán” escrito por Martín Guillermo Fainberg
  • Emotividade: “Para Elisa” escrito por Rosa Ferreiro Castiñeira

Temática e membros do xurado

A temática escollida para este ano foi: “O Edadismo e as persoas con demencia”

O xurado estivo composto por:

  • Raquel Giráldez, Diputada provincial de Promoción Económica e Emprego
  • Helen Burr, Coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística da EOI
  • Maximina Rodríguez, Psicóloga sanitaria
  • Marina Requejo, Traballadora social
  • Roser Ibáñez, Educadora social
  • Rebeca Álvarez, Responsable de comunicación

Os relatos gañadores e finalistas deste ano se publicarán próximamente no noso blog “O rincón do coidador”. Ademáis, tamén serán compartidos polas nosas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram).

Dende AFAGA dámoslles a nosa máis sincera noraboa ás gañadoras e finalistas do concurso. E tamén agradecemos a todos os participantes que nos fixeron chegar as súas obras.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio