A tarde aperta no inverno da cidade. O ceo ausente de nubes, dun azul parisiense, foi aos poucos salpicándose de esbrancuxadas liñas de fume saídas das chemineas que quentan as casas. A atmosfera vaise raiando, a intres con trazos grosos, despois con finos. Cheira ao piñeiro que se queima nas brasas daqueles que optan polo lume fronte á electricidade para quentarse,…

Así comeza o relato ‘Admirarche’, escrito por Unai Gracia, baixo o pseudónimo León Gale. Esta narración quedou finalista na categoría Estilo no II concurso de Relato Curto sobre Alzheimer ‘Nun Recuncho da Memoria’.

Ler o relato completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

− 2 = 1