unidad demencias vigo

  • O pleno do Concello de Vigo aproba a solicitude da creación urxente da Unidade de Demencias do Meixoeiro.

O 24 de novembro celebrouse o pleno do Concello de Vigo. Unha das mocións aprobadas foi a creación urxente dunha Unidade de Demencias en Vigo. A proposta contou co respaldo de todos os grupos da cámara municipal.

Yolanda Aguiar, concelleira de Benestar Social, señalou que A Xunta prometeu a súa creación en 2018 e que se fixo primeiro a de Santiago a pesar de ter menos casos. Ademáis, tamén recordou aos membros do pleno que, según os datos da Federación Alzheimer Galicia, máis de 70.000 persoas oufren de demencia na comunidade autónoma.

Ese mesmo día tamén falouse desta noticia en Radio Voz no programa “Voces de tu ciudad” con Bibiana Villaverde. A periodista entrevistou a Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, presidente de Afaga Alzheimer. A continuación, deixamos un audio coa entrevista ao completo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

78 + = 79